Este jueves, 15 de marzo de 2012, se celebrará un "Concierto monográfico sobre Morton Feldman" en el Conservatorio Profesional de Música de Lugo. El concierto, que forma parte del Ciclo de Música Contemporánea, comenzará a las 20:15 horas y la entrada es libre.
A continuación se puede leer lo que será el programa de mano del concierto:
- (1) Morton Feldman Piano Four Hands (1958) piano a 4 mans
- (2) Morton Feldman The Viola in my Life I (1970) viola, violín, violoncello, frauta, piano e percusión
- (3) Morton Feldman Palais de Mari (1986) piano
- (4) Morton Feldman The Viola in my Life II (1970) viola, violín, violoncello, frauta, clarinete, piano e percusión
Diego Segade (2 e 4) viola, Silvia Martínez (2 e 4) violín, José Torres (2 e 4) violoncello, Pablo Coria (2 e 4) frauta , José Ramón Saborido (4) clarinete, Diego Ventoso (2 e 4) percusión, Andrea Vilar (1), Ana Huerta (1), Jorge Alves (2) e Juan Ignacio Martínez (3 e 4) piano.
Foto-proxeccións de pinturas expresionistas abstractas.
O COMPOSITOR
Coñecido como o compositor das sonoridades etéreas, suaves e amplas, e máis dos silencios e das harmonías repetitivas e simples, Morton Feldman cultivou un estilo persoal e diferente con respecto á maioría dos compositores do seu entorno.
Estudou piano con Madame Maurina-Press e, máis tarde, composición con Wallingford Riegger e Stefan Wolpe, pero foron os seus encontros con compositores como John Cage, Earle Brown e Christian Wolff, co pianista David Tudor e cos pintores expresionistas abstractos da escola de New York como Mark Rothko, Philip Guston, Franz Kline, Jackson Pollock e Robert Rauschenberg os quemarcarían o desenvolvemento do seu estilo persoal, cuxas achegas singulares están moi por riba da unidade de estilo ou da filiación ós ideais estéticos representados pola arte americana do seu tempo.
O estilo compositivo de Feldman sempre se afastou das formas musicais en voga na súa época como as técnicas seriais, e experimentou coa aletoriedade por medio de sistemas alternativos de notación musical onde soamente especificaba os timbres e os rexistros, deixando o ritmo e as notas á escolla do intérprete. No centro mesmo das súas preocupacións atópase a súa reflexión en canto ó tempo e ó concepto de estructura, o que o levaría á realización de obras de enormes dimensións. É ahí onde Feldman obtén a inspiración nos pintores expresionistas abstractos, intentando extrapolar as pinturas destos artistas ás suas composicións, tal e como queda reflexado nos seguintes comentarios do propio compositor:
“Interésame a dimensión global de Rothko, que anula o concepto das relacións entre proporcións. Non é a forma o que permite á pintura emerxer; o descubrimento de Rothko foi o de definir unha dimensión global que sostén os elementos en equilibrio... Son o único que compón desta maneira, como Rothko: no fondo trátase soamente de manter esa tensión, ou ese estado, á vez xeado e en vibración…”
“Toda a miña xeración estaba obsesionada coa obra de 20-25 minutos. Ese era o noso reloxo. Todos o coñeciamos e o sabíamos manexar. En canto se abandona esa peza de 20 – 25 xorden os problemas para unha obra que ten un só movemento. Ata unha hora considérase forma, pero máis aló dunha hora pénsase en dimensión. A forma é algo doado, só consiste en dividir as cousas en partes, pero a dimensión xa é outra cousa. Hai que poder controlar a obra, e isto precisa dunha especie de concentración aguda. Antes as miñas obras eran obxetos, agora son como cousas evolutivas”.
Este concepto de dimensión, unido ó de superficie sonora, fai que as súas obras sexan algo máis que composicións dende a significación histórica do concepto. A organización do discurso dende a perspectiva da dimensión non consistiría xa en relacións puntuais entre sucesos situados nunha liña de tempo, senón nun descubrimento e nunha conquista constante dunha nova dimensión perceptiva.
Morton Feldman foi profesor de composición na Suny University dende 1973 ata o seu falecemento.
AS OBRAS
Piano Four Hands
Peza para piano a catro mans na que os pianistas móvense independentemente un do outro, pero lendo a música por unha única partitura. Cada un ten unha parte individual que consiste nunha soa fileira de notas que se poden tocar empregando mans alternadas, aínda que cara o final da peza aparecen na parte superior algúns acordes. A escaseza de material sonoro fai de cada nota un fin en si mesmo, sempre á beira do silencio, poñendo ó piano e ós intérpretes ó límite da súa capacidade e sensibilidade.
Piano Four Hands revela un mundo de son máis abstracto cas anteriores composicións de Feldman (como por exemplo, Two pieces para cello e piano, Piece para violín e piano, Projection I para cello, etc), na procura de non alterar as características do son durante un espazo de tempo asignado, polo que un se sente un pouco como cando os antigos astrónomos contemplaban non os planetas en movemento, senón esa área remota e misteriosa coñecida como "as estrelas fixas".
Piano Four Hands revela un mundo de son máis abstracto cas anteriores composicións de Feldman (como por exemplo, Two pieces para cello e piano, Piece para violín e piano, Projection I para cello, etc), na procura de non alterar as características do son durante un espazo de tempo asignado, polo que un se sente un pouco como cando os antigos astrónomos contemplaban non os planetas en movemento, senón esa área remota e misteriosa coñecida como "as estrelas fixas".
A peza comeza con notas simples e, a continuación, introdúcense algúns acordes, pero o que a fai tan fermosa é que comeza só utilizando as teclas brancas do piano, creándose desta maneira un efecto que se achega ao tonal, case como unha canción folclórica extendida sobre todo o piano. E entón, gradualmente, algunhas das teclas negras comenzan a introducirse, creando desta maneira uns momentos sorprendentes e moi fermosos.
Piano four hands é unha peza moi simple para o oínte, pero a súa escoita require de gran concentración para percibir todas as sutilezas que están a suceder.
Piano four hands é unha peza moi simple para o oínte, pero a súa escoita require de gran concentración para percibir todas as sutilezas que están a suceder.
Palais de Mari
Unha das últimas composicións de Feldman, foi escrita por encargo da pianista Bunita Marcus, a cal lle pediu que condensase o material e as técnicas das súas pezas longas (que adoitaban ser de máis dunha hora, incluso ata as cinco horas do segundo cuarteto) nunha máis curta. O título da peza provén dunha fotografía do mesmo nome que Feldman puido contemplar no Museo do Louvre en París, na que se mostraba un antigo palacio en ruínas no leste de Asia.
Palais de Mari é unha versión concisa do estilo maduro e tardío de Feldman, sendo a derradeira composición para piano só do autor, e consiste en repeticións tranquilas, pouco densas e asimétricas de frases curtas. Os acordes rómpense lentamente deletreando o núcleo da harmonía e, aínda que outras notas son engadidas gradualmente, os sons iniciais nunca son completamente desprazados.
The Viola in My Life
Serie de catro pezas diferentes que poden tocarse por separado, sendo estas de gran detalle e alcance musical. As tres primeiras pezas están compostas para viola e distintas formacións instrumentais de cámara, mentres que a última parte trátase dunha peza para viola e orquestra que Feldman considera unha "traducción" das tres primeiras.
A xenialidade destas pezas reside na capacidade de Feldman para forxar unha cantidade enorme de espazo baleiro dentro dunha resonancia en capas que non é para nada exigua. A música ondula lentamente en consonancia cos crescendos e decrescendos da viola, tocada como manchas de escuridade dunha figura camiñando lentamente a través dunha luz solar obstruída. A viola é o centro, ó redor do cal xiran os demáis instrumentos e cada frase destas pezas é coma unha elipse na que, a pesar da aparente regularidade, se debuxa unha órbita incerta.
O papel do piano na peza numerada como I, transcorre á beira do silencio, máis na súa propia procura que na procura da nada, mentras que a parte da celesta na peza numerada como II evoca un firmamento cheo de estrelas. Tales ideas tan etéreas non implican ninguna promesa romántica de liberdade. Como Feldman mesmo admite: "Os crescendos da viola son un regreso á obsesión cunha perspectiva musical que non é determinada por unha interacción das correspondentes ideas musicais, senón máis como un paxaro intentando elevarse nun paisaxe limitado." Desta maneira, a viola está constantemente contorneando os límites da nosa gaiola, como un ollo silencioso pero sempre atento.
Como en moitas outras das súas composicións (Rothko Chapel, For Philip Guston e outras), Feldman inspirouse na arte dos pintores abstractos norteamericanos na composición destas pezas: “De certa maneira, a miña intención foi pensar na melodía e nas células melódicas da mesma forma na que Robert Rauschenberg usa a fotografía nos seus cuadros e sobrepoñer isto no mundo de son estático característico da miña música”. M.F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario