miércoles, 14 de diciembre de 2011

Concierto en el Conservatorio de Lugo


Terry Riley


CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA: O MINIMALISMO

                            Philip Glass e Terry Riley



Xoves, 15 de decembro de 2011

20:15h

Auditorio do CMUS Lugo

                         

PROGRAMA:

-           (1) Philip Glass Opening (Glassworks) (1982) Piano e marimba

-          (2) Philip Glass 1+1 (1967) Mesa amplificada

-           (3) Terry Riley In C (1964) Grupo instrumental



María Álvarez (3) acordeón, Iván Martínez (3) e José Ramón Saborido (3) clarinetes, Pablo Coria (3) frauta, Alejandro Troya (3) saxofónsBernardo Méndez (3) trombónJosé Torres (3) violoncello, Roberto Fernández (3) violín Andrea Vilar (1), Juan Ignacio Martínez (3) e Jorge Alves (3) pianos, Miguel Casquero (1), Ismael Moeda (2), Xacobe Roca (1 e 2), David Travieso (2), Pablo del Valle (1), Marco Mendoza (2), Diego Ventoso (3) e Javier A. Gómez (3) percusión


OS COMPOSITORES

Terry Riley

Colfax (California), 1935

É considerado como un dos pioneiros do minimalismo na música, xunto con outros compositores como La Monte YoungPhilip Glass e Steve Reich.


Estudiou piano e teoría da música con Duane Hampton e Ralph Wadsworth no Shasta College, composición con Wendell Otey na San Francisco State University, piano con Adolf Baller no San Francisco Conservatory e máis tarde composición con Seymour Shifrin e William Denny na University of California (Berkeley),  estudando á vez privadamente con Robert Erickson. Sen embargo, o seu mestre máis influínte foi Pandit Pran Nath,  especialista en canto clásico da India.  Outras influencias importantes foron a estética musical de John Cage e a vangarda occidental,  así coma o jazz e a música clásica da India.

Riley foi un dos primeiros compositores en traballar con loops en cinta na década de 1950, formando parte do San Francisco Tape Music Center xunto con  Morton Subotnick, Steve Reich, Pauline Oliveros e Ramon Sender, e continuou co emprego desta técnica tanto en estudio como en  concertos en vivo. A súa música baséase xeralmente na improvisación a través dunha serie de figuras modais de diferentes lonxitudes, como en In C e nos estudios de teclado.

Colaboradores habituais de Riley son grupos como Rova Saxophone Quartet,  ARTE Quartett e en especial o Kronos Quartet.

Dende 1971 é profesor de música clásica da India no Mills College.  Riley foi galardoado cun Doctorado Honorario en Música pola Chapman University en 2007.


Philip Glass

Baltimore (Maryland), 1937

Compositor norteamericano pertencente o movemento minimalista.

Estudou frauta no The Peabody Conservatory en Baltimore, piano con Nadia Boulanger no Conservatorio Americano de Fontainebleau en París e composición con Darius Milhaud,
 William Bergsma e Vincent Persichetti na Juilliard School of Music de New York.

Durante a súa estancia en Francia descubríu o serialismo de Boulez, pero foi a súa estreita colaboración con Ravi Shankar e a súa percepción do ritmo aditivo na música india, o que o levou a adquirir un estilo persoal baseado neste tipo de ritmos aditivos repetitivos austeros, aínda que pouco a pouco decantouse por un estilo máis comercial con abundancia de clichés tonais.

O interese de Philip Glass por diferentes estilos musicais dende o pop ata as bandas sonoras o levan a colaborar con diferentes artistas como Paul Simon, Mike Oldfield, Linda Ronstadt, Yo-Yo Ma, Doris Lessing e Robert Wilson, ademáis de crear a súa grupo, o Philip Glass Ensemble.


AS OBRAS

1+1 (1968)

1+1 foi a primeira peza composta por Glass a través do proceso rítmico aditivo.

Coa utilización de só dúas células rítmicas diferentes ( e ) o compositor propón utilizar progresións aritméticas regulares (sumas ou restas) para crear unha especie de ostinato rítmico que realmente non o é por estar sempre sometido a cambios constantes e regulares.

A esta peza seguíronlle outras como Two Pages ou Music in Fiths. Todas elas forman parte do xermen da música minimalista.

1+1 foi escrita para un intérprete que percute unha tabla amplificada cos nudillos da súa man. Nesta versión para 4 percusionistas intercálanse partes contrapuntísticas, nas que cada interprete toca progresións diferentes á vez, con unísonos.


Opening (Glassworks) (1982)

Opening é o primeiro movemento dos seis dos que consta a obra Glassworks escrita para unha formación camerística variada. En palabras do propio compositor “Con Glassworks tiven a intención de presentar a miña música a unha audencia máis ampla da que estaba familiarizada con ela ata ese momento”.

Opening é unha peza moi sinxela a nivel rítmico e armónico que consta de 3 progresións armónicas diferentes que se repiten varias veces. Poderíase dicir que se trata da vertente máis comercial da música de Glass. Orixinalmente foi escrita para piano, pero neste concerto escoitaremos una versión mixta para piano e marimba.


 In C (1964)
Aínda que o Cuarteto de Cordas (1960) foi a primeira peza de Riley escrita nun estilo claramente minimalista, tras o cal escribíu o Trío de Cordas no que por primeira vez utilizou as frases curtas repetitivas polas que o minimalismo e el son coñecidos, In C é a súa peza  máis coñecida e a que levou o movemento minimalista á prominencia. O estreo da peza foi levado a cabo por músicos do renome de Steve ReichJon GibsonPauline Oliveros e Morton Subotnick.

A súa forma foi una innovación: a peza consta de 53 motivos melódicos máis ou menos breves separados, cada un cun material musical diferente, pero todos eles, como o título indica, na tonalidade de Do (C). Un intérprete marca un pulso constante de corcheas nun “do” agudo do piano ou do xilófono para manter mellor o tempo, mentras os outros, nunha formación instrumental e vocal totalmente libre, tocan esos motivos melódicos un detrás de outrocunhas directrices non moi estrictas, de maneira que varios desos motivos soen entrelazados e á vez mentras o pulso rítmico mantense inmutable. Desta maneira créanse diferentes procesos indeterminados nas repeticións e na maneira na que os intérpretes executan os motivos, polo que o resultado final é unha complexa e impredecible rede de cánones, polirritmias e énfasis armónicos.

Unha das sensacións máis inmediatas que provoca a escoita desta peza, que o compositor recomenda que dure entre 45’ e 1h 30’, é a de que a música semella estar encerrada nunha camisa de forza da cal no é capaz de saír debido ó feito de que todo discurso musical transcorre invariablemente na tonalidade de  Do.

Algunhas das directrices máis importantes que Riley lle da ós interpretes son:

·         Todos os intérpretes tocarán os 53 patróns melódicos consecutivamente.

·         O número de instrumentistas ou cantantes é aberto.

·         Os patróns deben ser tocados consecutivamente tendo cada intérprete a liberdade para determinar cantas veces pode repetilo antes de pasar o seguinte.  Xa que unha interpretación normal debe durar entre 45’ e 1h 30’, pódese  establecer que a repetición de cada patrón debe durar máis ou menos entre 45’’ e 1 ½ minutos.

·         É moi importante que os intérpretes se escoiten uns ós outros con moita atención e iso significa ocasionalmente parar de tocar e escoitar. É moi interesante tamén xogar coas dinámicas.

·         Cada patrón pode ser tocado ó unísono ou en canon en calquera alineamento con si mesmo ou cos seus patróns veciños. Unha das cousas máis interesante de In C é a interacción dos intérpretes en combinacións polirrítmicas que xorden espontaneamente entre os patróns.

·         O grupo debe tocar en unísono polo menos unha ou dúas veces durante a interpretación da peza.

·         In C deberá rematar cando todos os intérpretes cheguen o patrón 53 e a continuación fagan un gran diminuendo.


O MINIMALISMO


Termo prestado das artes visuais para describir un estilo de composición caracterizado pola utilización dun vocabulario musical intencionadamente simplificado a nivel rítmico, melódico e harmónico.


Surxíu nas décadas de 1960 - 70 nos Estados Unidos como un antídoto contra o arte modernista representado na música polo serialismo total de Boulez e Stockhausen e a indeterminación de Cage, e lle debe máis á arte non occidental (oriental e africana), ó jazz e ó rock que ó modernismo do s. XX ou a calqueira outra estética musical.

As influencias máis notables da música oriental no minimalismo son a simplicidade do material musical, o predominio das “suxerencias veladas” sobre a clara expresividade e a fomentación dunha resposta de observación pasiva no oínte en lugar dunha implicación activa. A música desprégase lentamente sobre extensións de tempo amplias sen ningún acontecemento dramático nin sobresaínte.

Co obxectivo de ser máis “accesible” que a modernista, a música minimalista era abertamente tonal ou modal onde a modernista era atonal, ritmicamente regular e contínua na que a modernista era aperiódica e fragmentada, estrutural e texturalmente simple onde a modernista era complexa.

Algunhas características da música minimalista son:

·         Harmonía estática. Tendencia a permanecer nun acorde ou a moverse de forma retrógrada ou directa entre un grupo de acordes.

·         Repetición de constante de motivos breves.

·         Procesos algorítmicos, lineais, xeométricos o graduais. Xeración de patróns como 1, 1+2, 1+2+3, 1+2+3+4 e así sucesivamente, permutacións sistemáticas ou desprazamentos de fase ou bucles repetitivos.

·         Ritmo estático.

·         Instrumentación estática.

·         Emprego de influencias non-occidentais nas composicións. Música da India, música africana,…

Os compositores máis destacados da estética minimalista foron La Monte YoungTerry RileyPhilip Glass e Steve Reich.

1 comentario:

Loida dijo...

Pese a no asistir al concierto, merece la pena leer esta entrada de vuestro Blog por la cantidad de información que brindáis al lector. Además apoyando musica contemporánea, una sorpresa para los atriles de los conservatorios. Muchas gracias, como siempre.